Thursday 09 de May de 2024

Aprobada una actuación para solucionar problemas de humidades na fachada posterior do Centro de San Roque


O Concello de Riveira dou luz verde a unha nova actuación dirixida a subsanar as deficiencias detectadas na fachada posterior do Centro de Interpretación Arqueolóxica do parque de San Roque.

A obra ten un orzamento de 20.629 euros, IVE incluído, e foi adxudicada á empresa Tarrío y Suárez, S.L..

Na actualidade o edificio do centro rexistra humidades e asentamentos a consecuencia do efecto da auga na súa fachada traseira. Para evitar que isto suceda se proxecta a instalación dun drenaxe formado por un colector de PVC de 200 metros de diámetro que recollerá as baixantes da cuberta e, baixo esta canalización, un tubo dren rodeado de material filtrante e un xeotextil. Ambas conducións xuntaranse nun pozo de rexistro.

Ademais, impermeabilizarase a zona enterrada na fachada posterior mediante a aplicación de dúas capas dun recubrimento bituminoso e a colocación dunha lámina de polietileno extrusionado de alta densidade, cun xeotextil de poliéster adherido nunha das súas caras. Por último, construirase unha soleira de formigón pegada á fachada posterior.

O prazo de execución son dous meses.